08/04/2008




O Club dos Poetas Vivos.

O Club dos Poetas Vivos surxiu entre un grupo de alumnas e alumnos de 3º de ESO do IES Illa de Ons de Bueu no outono do ano 2007. Cada un dos integrantes tiña escrito poemas e un día crearon un colectivo (“Ti/o meu universo…”). A partir de aquí presentouse a posibilidade de actuaren como un colectivo poético, polo que buscaron un nome e unha imaxe que os identificase. A imaxe é unha rosa que nos remite aos antigos tópicos literarios sobre vivir o momento presente (“Colligere virgo rosas”: coller as rosas no seu esplendor), e o mesmo acontece co nome Club dos Poetas Vivos, parafraseando o título do filme que trata dun grupo de alumnos poetas nun colexio de disciplina inglesa.

Os integrantes deste colectivo de poetas son Agustín Gallego Piñeiro, Estrella Pérez Porto, Tamara García Piñeiro e Yoel Parada Santos, todos eles estudantes no curso de 3ºB.

Nenhum comentário: