19/12/2014

GUÍAS DE LECTURA PARA FACER AGASALLOS NESTAS FESTAS:
MÚSICA PARA  AGASALLAR:


16/12/2014

O alumnado de 3º C entrevista ao gaiteiro Marcos Campos

    Mercedes, Verónica, Joel e Agustín (3º C) entrevistaron, o pasado venres, ao gaiteiro Marcos Campos. Este artista, que naceu e vive en Vigo, dedícase á música desde os oito anos. Toca a gaita, o acordeón e varios tipos de frautas e forma parte de grandes grupos: Banda Xarabal, Ardentía, Trisquel, Alberto Conde, Crema de Gaita, Pelica de Can, Riobó e outros. Ademais é profesor de gaita e dirixe a Banda de Gaitas Manxadoira de Bueu, da que forma parte Mercedes Pretel, alumna do noso centro .
    Ademais de concedernos unha interesante entrevista, Marcos (gaita), a súa compañeira Elena (bombo) e Mercedes (tambor), tocaron a peza Muiñeira de Ons. Nas seguintes presentacións podedes ver imaxes da entrevista e do pequeno concerto ofrecido por estes estupendos músicos.
As composicións que acompañan ás imaxes son de Ernesto Campos: Tangalego (interpretada por Crema de Gaita) e Berce do Nel (interpretada por Pelica de Can).
    Se tedes interese en coñecer outras obras compostas por Ernesto Campos podedes acceder ao seu BLOG.


05/12/2014

Programa de radio - 3º ESO B

Este venres foron os alumnos de 3º B os encargados de retransmitir o programa de radio do Illa de Ons. A invitada entrevistada nesta ocasión foi Teté, a profesora de Música.


01/12/2014

Programa de radio - 3º ESO A

O pasado venres 28 de novembro o alumnado de 3º ESO A presentou o seu primeiro programa de radio. A continuación mostrámosvos unhas imaxes deste día.


RADIO ONS ENTREVISTA Ó ALCALDE DE BUEU.

O VENRES 21 OS ALUMN@S DE 4º ESO  NO SEU PROGRAMA DE RADIO ENTREVISTARON Ó ALCALDE DE BUEU, FÉLIX JUNCAL.
O SEGUINTE VIDEO É UNHA PARTE DA LONGA ENTREVISTA .

28/11/2014

RADIO ONS.VENRES 14 DE NOVEMBRO.


Terceira semana NO AIRE!

    Xa todas e todos sabedes que a Radio Illa de Ons vai vento en popa. Tras recibir unha serie de indicacións de como realizar un proxecto radiofónico, unha parte do alumnado do centro estivo a traballar, durante as últimas semanas, na elaboración de diferentes contidos: entrevistas, noticiarios, publicidade de eventos, emisións musicais... Tamén tiveron que practicar co equipo técnico do que dispón a radio: micros, mesa de son, biblioteca de arquivos de audio, cámaras... Para ambientar o espazo radiofónico, as alumnas de Plástica de 4º ESO elaboraron un panel decorativo.
 

 Cada venres, na hora do recreo, un grupo de alumnos e alumnas emitirá un programa en directo para o resto da comunidade educativa. O venres pasado tocoulles aos de 4º ESO vivir esta experiencia e entrevistaron ao alcalde de Bueu, Félix Juncal. 
     No seguinte resumo fotográfico podedes ver como se realizaron tanto o panel decorativo coma os preparativos desta entrevista.


17/11/2014

Radio "ONS" en funcionamento.

O venres 7 de novembro comezou a radio do IES ILLA DE ONS. Os primeiros en saír en antena foron os de 2º A, estreáronse cunha entrevista co profe de Educación Física, Toño. E as seguintes fotos mostran o seu traballo e o éxito que obtiveron.
O venres día 14 foron os de 2º B os encargados de realizar o programa, entrevistando ao xefe de Estudos, José Luis.

02/10/2014

03/06/2014

Regueifando no IES ILLA de ONS

O mércores 28 de maio Pinto de Herbón  e  o Caruncho impartiron un taller de regueifas no  centro aos alumnos de 3º e 4º da ESO.
Todos os rapaces e o o profesorado presente tiveron un tempo de gozar coa súa presenza.

07/04/2014

VAMOS AO TEATRO "BICOS CON LINGUA"

O mércores día 9 de abril os alumnos de 3º e 4º da ESO asistiremos a representación da obra de teatro "Bicos con lingua" de TALÍA TEATRO. O acto terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra. Aproveitaremos a mañá para visitar a Facultade de Belas Artes.