GUÍAS DE LECTURA PARA FACER AGASALLOS NESTAS FESTAS:
MÚSICA PARA AGASALLAR:
19/12/2014
16/12/2014
O alumnado de 3º C entrevista ao gaiteiro Marcos Campos
Mercedes, Verónica, Joel e Agustín (3º C) entrevistaron, o pasado venres, ao gaiteiro Marcos Campos. Este artista, que
naceu e vive en Vigo, dedícase á
música desde os oito anos. Toca a gaita, o acordeón e varios tipos de frautas e
forma parte de grandes grupos: Banda Xarabal, Ardentía, Trisquel, Alberto
Conde, Crema de Gaita, Pelica de Can, Riobó e outros. Ademais é profesor de
gaita e dirixe a Banda de Gaitas Manxadoira de Bueu, da que forma parte Mercedes Pretel,
alumna do noso centro .
Ademais de concedernos unha interesante
entrevista, Marcos (gaita), a súa compañeira Elena (bombo) e Mercedes (tambor),
tocaron a peza Muiñeira de Ons. Nas seguintes presentacións podedes ver imaxes
da entrevista e do pequeno concerto ofrecido por estes estupendos músicos.
As composicións que acompañan ás imaxes son de
Ernesto Campos: Tangalego (interpretada por Crema de Gaita) e Berce do Nel (interpretada
por Pelica de Can).
Se tedes interese en coñecer outras obras
compostas por Ernesto Campos podedes acceder ao seu BLOG.
05/12/2014
Programa de radio - 3º ESO B
Este venres foron os alumnos de 3º B os encargados de retransmitir o programa de radio do Illa de Ons. A invitada entrevistada nesta ocasión foi Teté, a profesora de Música.
01/12/2014
Programa de radio - 3º ESO A
O pasado venres 28 de novembro o alumnado de 3º ESO A presentou o seu primeiro programa de radio. A continuación mostrámosvos unhas imaxes deste día.
RADIO ONS ENTREVISTA Ó ALCALDE DE BUEU.
O VENRES 21 OS ALUMN@S DE 4º ESO NO SEU PROGRAMA DE RADIO ENTREVISTARON Ó ALCALDE DE BUEU, FÉLIX JUNCAL.
O SEGUINTE VIDEO É UNHA PARTE DA LONGA ENTREVISTA .
O SEGUINTE VIDEO É UNHA PARTE DA LONGA ENTREVISTA .
Assinar:
Postagens (Atom)