28/11/2014

RADIO ONS.VENRES 14 DE NOVEMBRO.


Terceira semana NO AIRE!

    Xa todas e todos sabedes que a Radio Illa de Ons vai vento en popa. Tras recibir unha serie de indicacións de como realizar un proxecto radiofónico, unha parte do alumnado do centro estivo a traballar, durante as últimas semanas, na elaboración de diferentes contidos: entrevistas, noticiarios, publicidade de eventos, emisións musicais... Tamén tiveron que practicar co equipo técnico do que dispón a radio: micros, mesa de son, biblioteca de arquivos de audio, cámaras... Para ambientar o espazo radiofónico, as alumnas de Plástica de 4º ESO elaboraron un panel decorativo.
 

 Cada venres, na hora do recreo, un grupo de alumnos e alumnas emitirá un programa en directo para o resto da comunidade educativa. O venres pasado tocoulles aos de 4º ESO vivir esta experiencia e entrevistaron ao alcalde de Bueu, Félix Juncal. 
     No seguinte resumo fotográfico podedes ver como se realizaron tanto o panel decorativo coma os preparativos desta entrevista.


17/11/2014

Radio "ONS" en funcionamento.

O venres 7 de novembro comezou a radio do IES ILLA DE ONS. Os primeiros en saír en antena foron os de 2º A, estreáronse cunha entrevista co profe de Educación Física, Toño. E as seguintes fotos mostran o seu traballo e o éxito que obtiveron.
O venres día 14 foron os de 2º B os encargados de realizar o programa, entrevistando ao xefe de Estudos, José Luis.