As
festas de Nadal e Fin de Ano que están a punto de comezar son unha
época típica para a realización de regalos, nomeadamente aos
menores da casa. Dentro da múltiple oferta dispoñible, moita xente
é partidaria de incluír algún elemento de carácter cultural,
aínda que por veces a elección pode resultar complicada.
Nos
últimos anos, coñecedores desta situación, os equipos de
dinamización lingüística da comarca do Morrazo publican un
folleto-guía para dar a coñecer ás familias as últimas novidades
no relativo a discos, novelas, cómics, DVD..., co elemento en común
de utilizaren todos a lingua galega. Este folleto preséntase
dividido por idades para facilitar a localización de materiais
acordes ás diferentes idades . Ademais, tamén inclúe un apartado
de produtos dirixidos a adultos, pois este tipo de regalos resulta
enriquecedor para todos nós.
Entregóuselles
en man a todos os alumnos unha copia en papel do dito folleto con
indicación de que os levasen ás casas. Non obstante, como pode ser
que nalgún caso non chegue ao seu destino e para garantir a súa
recepción, enviamos copia dixital en pdf xunto con esta mensaxe.
Felices festas.