30/11/2009

25/11/2009

ANXO FARIÑA PRESENTANDO OS MEGATOXOS

O día 23 presentoulle aos alumnos de 1º da ESO o seu 3º libro da serie dos megatoxos, acabado de saír do prelo." OS MEGATOXOS E OS TEMPLARIOS DA LUZ".
En datas vindeiras darémoslle publicidade á entrevista que lle ían facer os moz@s.



23/11/2009

Comentario falado do libro "rebeldes"

Fálanos do libro Daniel Piñeiro de 3º da ESO.


09/11/2009

MAGOSTO 2009

A festa do magosto non podía faltar un ano máis entre nós.
O día cuberto de neboeiros mestos e a poalla lenta e constante non nos amedrentou, e continuamos coa fixa idea de facelo no día programado.
Castañas picadas, paus e carozos listos para queimar e a tropa de 4º da ESO cos ánimos despregados para comezar o traballo.
Adiante co lume !, adiante coas castañas !, adiante coa música e o baile dos nosos compañeiros e compañeiras !, adiante un ano máis o magosto no illa de ONS .






07/11/2009

1ª ASEMBLEA DA CGENDL.SANTIAGO 7-11-2009









"NON TEREMOS MEDO NIN PREGUIZA PARA TRABALLAR A PROL DA NOSA LINGUA"

Valentina Formoso, elixida coordinadora xeral este sábado na primeira asemblea da CGENDL, resumiu deste xeito as liñas de actuación do colectivo para o futuro inmediato. Ademais, denunciou o recorte dos apoios institucionais.

No transcurso da asemblea, na que se escolleu por unanimidade o Consello Directivo para os próximos dous anos, aprobáronse os principios que rexerán o colectivo e o seu plano de traballo anual. Entre as actividades previstas está unha campaña de sensibilización dirixida á comunidade escolar; programas de intercambio entre estudantes; e o fomento do galego nas novas tecnoloxías.




QUE É A COORDINADORA GALEGA DE ENDL (CGENDL)?
A Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística)
está formada por equipos de centros públicos, privados e concertados, e deles formamos
parte profesionais do ensino que levamos anos traballando a prol do galego; persoas de
ideoloxías moi plurais, unidas por un mesmo ideario lingüístico: o galego é a lingua
propia de Galicia, tal e como di o noso Estatuto de autonomía.
A Coordinadora naceu en abril de 2009 e foi creada coa intención de coordinar
actividades e experiencias dos equipos de toda Galicia, e ademais servirlle de voz pública
aos ENDL que traballan nos centros de ensino.
A CGENDL non se sumará como tal a ningún colectivo, aínda que poderá impulsar
accións e todas aquelas actividades coherentes cos seus obxectivos.
OBXECTIVOS DA COORDINADORA
1. Contribuír ao fomento da lingua galega nos centros de ensino.
2. Organizar accións conxuntas para todos os ENDL para optimizar recursos e
enerxías.
3. Potenciar o intercambio de experiencias.
4. Coordinar as actuacións entre os diferentes centros.
5. Contar cunha voz representativa do colectivo de ENDL nas relacións coas
administracións (Xunta, deputacións, concellos, servizos de normalización, etc.);
6. Funcionar como plataforma de intercambio, tanto de actividades dos equipos como
de formación, isto é, dinamizar e asesorar.
7. Ofrecerlle ao conxunto do colectivo materiais innovadores de apoio didáctico e
recursos de interese.
8. Propiciar o encontro con persoas e organizacións vinculados ás tarefas
normalizadoras.
9. Visualizar na sociedade o traballo dos equipos a través de canles de divulgación e
comunicación sólidas .
QUE QUEREMOS?
1. QUE a lingua galega siga sendo parte do noso patrimonio cultural e da nosa
identidade e, como tal, un ben común que nos une.
2. QUE se garanta que todo o alumnado sexa competente nas dúas linguas cooficiais
da Comunidade ao final do ensino obrigatorio. Só a partir do coñecemento e da
ausencia de prexuízos lingüísticos é posible a liberdade de elección de linguas.
3. QUE na actual situación sociolingüística de Galicia, na que o galego está a perder
falantes -como demostran os datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia- o sistema
educativo ofreza ao alumnado espazos de uso, porque as linguas apréndense
usándoas.
4. QUE non se discrimine o alumnado por razón de lingua, tal e como se regula na
Constitución Española no artigo 14 e no Estatuto de autonomía de Galicia no artigo
5.4.
5. QUE o noso alumnado estea formado para poder desenvolverse nunha Europa
plurilingüe. Diversos estudos demostran que o alumnado de comunidades bilingües
obtén iguais ou mellores resultados académicos cós das comunidades
monolingües.