28/11/2014

Terceira semana NO AIRE!

    Xa todas e todos sabedes que a Radio Illa de Ons vai vento en popa. Tras recibir unha serie de indicacións de como realizar un proxecto radiofónico, unha parte do alumnado do centro estivo a traballar, durante as últimas semanas, na elaboración de diferentes contidos: entrevistas, noticiarios, publicidade de eventos, emisións musicais... Tamén tiveron que practicar co equipo técnico do que dispón a radio: micros, mesa de son, biblioteca de arquivos de audio, cámaras... Para ambientar o espazo radiofónico, as alumnas de Plástica de 4º ESO elaboraron un panel decorativo.
 

 Cada venres, na hora do recreo, un grupo de alumnos e alumnas emitirá un programa en directo para o resto da comunidade educativa. O venres pasado tocoulles aos de 4º ESO vivir esta experiencia e entrevistaron ao alcalde de Bueu, Félix Juncal. 
     No seguinte resumo fotográfico podedes ver como se realizaron tanto o panel decorativo coma os preparativos desta entrevista.


Nenhum comentário: