17/05/2009

17 MAIO. NA DEFENSA DO GALEGO

Polas rúas de Santiago cheas de xente e de choiva,que non impediu que miles de galegos e galegas, nenos e nenas, mozos e mozas se manifestaran pola defensa do noso idioma.
Saíu a marcha ás 12,30 da alameda e rematou na praza da Quintana, con Mercedes Peón cantando a tódolos presentes.
No acto interveu Carlos Callón , a periodista Yolanda Castaño, a escritora Teresa Moure, o avogado Nemesio Barxa e Avelino Pousa Antelo coas súas 95 primaveras nas costas.
Rematouse o acto cantando o himno galego, e a praza estaba chea de xente, e a manifestación aínda estaba na praza de Vigo.
Tivo o acto unha segunda parte para toda a xente que non puido chegar a Quintana.
Foron dúas horas e media desfilando xente nunha serpe multicolor polas rúas de Santiago.
Na historia de Galiza non houbo unha manifestación tan multitudinaria na defensa do seu idioma.




Nenhum comentário: