12/05/2009

17 DE MAIO.- Homenaxe en Santiago a Avelino Pousa Antelo, Presidente de Honra da Mesa pola Normalización
[11/05/2009]

Avelino Pousa Antelo, Presidente de Honra da Mesa pola Normalización Lingüística, recibirá unha homenaxe este xoves día 14, en agradecemento pola súa traxectoria en defensa do país e coincidindo co seu 95º aniversario.

O acto, no que se presentará o libro e documental Lembranzas e reflexións de Avelino Pousa Antelo, celebrarase a partir das oito e media do serán no Teatro Principal de Santiago de Compostela, e nel intervirán, ademais do homenaxeado, Mini e Mero, David Otero e Xan Leira.

Colaboran na organización, ademais da Mesa, a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais do Concello de Santiago; o Concello de Teo; a Fundación Castelao; a Fundación Alexandre Bóveda; a Fundación Pedrón de Ouro; a Fundación Fernández Flórez e Memoria Galiza.

Nenhum comentário: