28/10/2008

A LITERATURA GALEGA RECIBE PREMIOS


Agustín Fernández Paz, Premio Nacional
de Literatura Infantil e Xuvenil


23 de outubro de 2008

A obra galardoada é O único que queda é o amor



Agustín Fernández Paz foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil correspondente a 2008 pola súa obra O único que queda é o amor, editada por Xerais. O Premio concédeo o Ministerio de Cultura para distinguir unha obra escrita en calquera das linguas oficiais do Estado.

Biografía
Agustín Fernández Paz (Vilalba, Lugo. 1947), profesor de Lingua e Literatura no Instituto dos Rosais de Vigo, pertence aos colectivos de renovación pedagóxica Avantar e Nova escola Galega. Impartiu numerosos cursos sobre temas relacionados coa didáctica da lingua e coa normalización lingüística.

Obtivo, entre outros, o premio Merlín de literatura infantil en galego, o Lazarillo, Edebé de Literatura Xuvenil e o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Entre a súa numerosa produción literaria cabe citar Cartas de inverno, Amor dos quince anos, Un tren cargado de misterios, No corazón do bosque, Corredores de sombra, Contos por palabras, Rapazas, Trece anos de Branca e O raio veloz. A súa obra foi traducida ao castelán, catalán, éuscaro e portugués.

Nenhum comentário: