01/10/2008

GALEGUIZA A TELEFONÍA MÓVIL



Telefonía




Terminal Grundig 402i


SOLICITA E ESIXE SERVIZOS DE CALIDADE A ESTAS COMPAÑÍAS:

CHAMA:

  • Calquera compañía telefónica ofrece aos seus clientes con contrato a posibilidade de emitir as facturas en galego. Solicita ese servizo. A chamada é gratuíta.

  • Vodafone ten un servizo de atención ao cliente en galego das 8 h ás 24 h. Solicítao chamando gratuitamente a 123. Esixe tamén a atención en galego as 24 horas do día. Nestes momentos non hai opción de atención en galego para os contratos de empresas.

  • Movistar ofrece só para os clientes con cartón prepagamento a activación de todos os servizos en galego. Chama ao 220 e actívao. Os clientes de contrato non dispoñen de atención en galego; deixa a túa queixa no 609. Unha vez estabelezas contacto co teu interlocutor, pide que che pasen co 'coordinador', que é quen realmente debe receber as queixas. A chamada é de balde. Outra opción é chamar ao Centro de relación co cliente, é o 109 desde o telemóbel ou o 1486 desde o fixo. Tamén podes deixar a túa queixa a través de internet na seguinte web.

  • Amena non dispón de servizo de atención ao cliente nin mensaxería en galego, deixa a túa queixa, sen custe ningún, no 470 se chamas desde un móbil Amena, ou no 656 00 14 70 se chamas desde outro teléfono. Si que é posíbel activar o teu correo de voz en galego, así que non deixes de facelo.

ENVÍA:

  • cartas ás compañías de telefonía móbil solicitándolles a utilización do galego con normalidade:

    Orange *
    Parque Empresarial La Finca
    Paseo del Club Deportivo nº1, Edificio 8, 28223 Pozuelo de Alarcón (Madrid)

    Telefónica - Móviles
    *
    Pza. Independencia, 6
    28001 Madrid

    Vodafone
    *
    Avda. de Europa, 1 (Central)
    Parque Empresarial La Moraleja - Alcobendas
    28108 Madrid

    (* Modelos de carta actualizados dispoñíbeis en breve.)

  • cartas aos fabricantes de teléfonos solicitando a inclusión do idioma galego entre as opcións das terminais. Podes descargar aquí as cartas modelo e aquí os enderezos a onde mandalas.

  • carta de parabéns a Alcatel por ser a primeira compañía que ofreceu o galego en todos os seus telemóbeis.

  • carta de parabéns a Movistar por incluir o galego no terminal Grundig 402i.
RECOLLIDO DA MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Nenhum comentário: