O CLUB DOS POETAS VIVOS.
Estráñote tanto...
Estraño os teus beizos.
Son os teus bicos.
Estraño os teus ollos.
Son o teu
o teu desexo.
Estraño a túa pel.
Esperta
a miña paixón.
Estraño as túas palabras
que me din
que me queres.
Estraño o teu cheiro
que me
enche de vida.
Estráñote tanto...
Tamara García Piñeiro
Ti,
todo para min.
Luz
que alumea a miña vida
como unha estrela
con quen soño
todas as noites.
E agardo
por terte
nos meus brazos.
Ti
que enches cada oco do meu corazón
que me dis
que me queres
que sen min
perdes a razón.
O único
a quen eu amo.
Ti
o centro da miña vida:
douche as grazas
por quererme así
por amarme
sen medios
e facerme feliz.
Tamara García Piñeiro
Nenhum comentário:
Postar um comentário