04/12/2008

Actividades do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Illa de Ons

Bueu, 4 de decembro de 2008.

eNDL.

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Illa de Ons.

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Illa de Ons (eNDL) desenvolve a tarefa de potenciar o emprego da lingua galega neste Centro, tanto na fala como na escrita, en cumprimento da lexislación vixente.

Ao longo do presente curso 2008-2009 o ENDL ten previsto desenvolver as seguintes actividades:

  1. Publicación de un ou dous novos números da revista Umbrela (publicáronse 11 números nos últimos anos, dos cales algúns foron dixitalizados e publicados no blog).

  1. Contacontos: Un obradoiro de comunicación oral consistente en aprender a contar un conto, recrealo e logo facelo para alumnas e alumnos de primaria do colexio A Pedra de Bueu.

  1. Regueifeiros: Un obradoiro dirixido por dous recoñecidos regueifeiros (Pinto D`Herbón e O Caruncho) que xa estiveron no centro en novembro nunha actividade dirixida a alumnas e alumnos de 2º e 3º, explicando a súa técnica e facendo demostracións da mesma. En febreiro celebrarase a segunda parte da actividade na que os regueifeiros se centrarán naquelas alumnas e alumnos seleccionadas/os pola calidade das súas regueifas, de xeito que podan participar nun concurso galego de regueifeiros.

  1. Club de lectura. En todo o mundo aparecen constantemente novos clubs de lectura, que consisten en grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar un libro que previamente tiñan escollido. No noso centro tratamos de crear un club para 1º e 2º e outro para 3º e 4º, que se reunirán nun recreo semanal ou quincenal.

  1. Dous concursos literarios: un de cartas de amor e desmor por volta do día 14 de febreiro e outro de contos e poesía por volta do 17 de maio. 10.

  1. Noticias sobre a normalización lingüística: Nos taboleiros que se encontran no vestíbulo do Centro difundiremos referidas a diferentes ámbitos: o mesmo Centro Escolar, o Concello de Bueu, o Morrazo, Galiza,... indicando tamén sitios e páxinas de Internet en galego e iniciativas privadas e públicas que coñezan os alumnos.

  1. Blogs e páxinas asociadas: Durante o curso 2007-08 creáronse desde o eNDL e en relación coa Biblioteca varios no IES Illa de Ons. Estes lugares están á disposición de todas as persoas que integran a comunidade educativa: alumnas e alumnos, pais e nais, persoal de administración e servizos, profesores e mesmo para calquera persoa que queira acceder a eles (xa fomos visitados nas nosas páxinas por alumnos doutras centros educativos de Galicia).

Para facilitar o acceso a estes lugares e os seus contidos, explicamos brevemente como chegar e o que encontraremos neles:

http://bibliotecailladeons.blogspot.com/

Como indica o seu nome, este é o blog da biblioteca. Nel encontraremos entre outros contidos, comentarios de alumnos e alumnas sobre os seus libros de lectura no centro.

Inclúense ligazóns a:

- Páxina web do IES Illa de Ons.

- Bibliotecas do concello de Bueu.

- Bibliotecas virtuais.

- Blogs doutros centros escolares galegos.

http://endl-illadeons.blogspot.com/

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística. Inclúe contidos relacionados coa normalización da lingua, así como referencia ás actividades que se están desenvolvendo ou que se desenvolveron no IES en relación con esta cuestión.

Inclúense ligazóns a:

- A Mesa Pola Normalización Lingüística.

- Editoriais.

- Dicionarios.

- Xornais dixitais: Vieiros, Galicia Hoxe, A Nosa Terra (semanario).

- Tradutores: galego-castelán-inglés-francés…

- Memorias de Adán: historias contadas por Adán sobre a súa familia, o mar e a Illa de Ons.

- Club dos Poetas Vivos: poemas dun grupo de alumnos e alumnas que iniciaron este proxecto cando estudaban 3º de ESO (Estrella, Yoel, Tamara, Agustín).

- Diarios de Adriana e Jacky: unha novela escrita por Mónica e Elisa cando estudaban 4º de ESO.

http://revistailladeons.blogspot.com/

Revista Umbrela. É a revista do IES Illa de Ons, editada polo ENDL, contén números da revista desde que se iniciou a súa publicación (nº 1, 2, 3, 5, 7, 9, 10, 11).

Inclúe ligazóns, ademais de aos outros blogs, a:

- Memoria de Adán.

- Club dos Poetas Vivos.

- Diarios de Adriana e Jacky.

01/12/2008

O Equipo de Normalización Lingüística organizou esta actividade de regueifas, ofertada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Contamos coa presenza cautivadora de Pinto de Herbón e Luis o Caruncho, que nos fixeron pasar uns intres divertidos. Grazas os dous polo ben que o facedes.

Ninguén vai pensar que é certo
e ides flipar en cores
tivemos dous regueifeiros,
son sen dúbida os mellores.


Regueifar é cousa fácil
cando os nosos mestres son
Luisiño o Caruncho
E máis o Pinto de Herbón.



Aí vos vai por despedida
aí vos vai por derradeira
unha clase divertida
de como facer regueifas. (Xavier)