27/03/2009

Cine galego na TVG


a produtora VÍA LÁCTEA FILMES comprácese en anunciarvos a emisión na TVG da súa última longametraxe

PRADOLONGO NA TELEVISIÓN O DÍA 31 DE MARZO

O día 31 de Marzo ás 22:00 horas emitirase na TVG o filme PRADOLONGO.

Non deixes escapar a oportunidade de ver a longametraxe máis vista do cine galego.

Unha película que nos fala da nosa forma de ser, de vivir, de namorarnos, de medrar.

Un filme recoñecido máis alá das nosas fronteiras, e protagonizado por RUBÉN RIÓS,TAMARA CANOSA E ROBERTO PORTO.

PRADOLONGO LEVOU AO CINE A TODAS AS XERACIÓNS, NAMORANDO A NENOS, ADOLESCENTES E MAIORES. DESCÓBREA!

-Premio Cidade de San Sebastián. 56ª edición FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN.

- Premio especial 13ª edición FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE.

-Premio Jerry Goldsmith. Mellor banda sonora e mellor compositora novel.

- Premio Medalla de ouro Park City Film Music Festival. Park City, Estado de Utah ao sudoeste dos Estados Unidos.


23/03/2009

REGUEIFEIROS NO ILLA DE ONS

Outro día máis tivemos connosco a Pinto de Herbón e máis o Caruncho,para facer unha selección de rapaces e rapazas que van participar no concurso provincial de regueifas en Pontevedra o día 17 de abril.O mércores 18 de marzo despois dunha sesión maxistral a cargo distes regueifeiros, escolléronse os seguintes alumnos/as:
.LUIS MARTÍNEZ GALLEGO
.ESTRELLA PÉREZ PORTO
.PEDRO NOVAS OTERO
.JOSUHA ACUÑA MARTÍNEZ
.IRENE CABANELAS MEIRA
.AGUSTÍN GALLEGO PIÑEIRO
.IDOIA CANCELAS LEÓN
.MAURO ÁLVAREZ MARTÍNEZ
.PATRICIA COMEDEIRO ALFAYA
.ELSA DUARTE SIMOES





Tamén queremos informarvos que o próximo día 31, volveran Pinto de Herbón e máis o Caruncho a facer dúas sesións ós alumnos/as de 4º da ESO e 2º A, e os cursos de1º da ESO .

06/03/2009

FALAR E ESCOITAR EN GALEGO

O venres 27 de febreiro 5 rapaces e rapazas do IES illa de Ons que forman parte do taller de oralidade, estiveron no CEIP a Pedra de Bueu,onde lle contaron os nenos/as de 1º de primaria catro contos.
" A TOUPIÑA ", contado polas rapazas de 4º da ESO, Yolanda e Seila.
" GAROTO EN BUSCA DUNHA ESTRELA" que o contaron Iria e María de 2º da ESO.
" AMORA" e " GÚSTAME O CHOCOLATE" que o contou Miguel Ángel de 2º da ESO.
Desde aquí dámoslle as grazas ,pola súa actitude e traballo desinteresado a prol da lectura, e desexamos que continúen facendo actividades tan gratificantes e interesantes en torno ós libros.