O CLUB DOS POETAS VIVOS.
Yoel Parada Santos
1ª
Ela, miña amada
ela
a miña luz, a razón pola que soño
Daríao todo por ela,
daría a miña vida,
as miñas crenzas.
Con ela síntome vivo, alegre,
con ganas de que non acabe o día para poder estar ao seu lado,
sen ela
só
estou a cavilar en cando a volverei a ver.
O seu cabelo é o sol,
Pérdome nas ondas do mar do seu corpo.
Ou simplemente, pódese dicir que a amo,
ata o punto de que faría o imposible por vela sorrir.
Yoel PARADA SANTOS
2ª
Que teu sorriso alégrame a vida.
Que un día sen ti non é vida.
Que as miñas bágoas levan o teu nome escrito.
Que a túa mirada é beleza.
Que os teus beizos son esperanza.
Que terte cerca é sentirse vivo e que non terte non ten sentido.
E que se o amor ten un destino…o teu corazón é o meu….
Que saibas amor,
que me mata máis a túa dor
que a miña propia morte
Yoel Parada Santos
3ª
Pode ser que non che fale, pero escoitote
e aínda que non te vexa, síntote
e en soños bícote,
e non sei o que sinto.
Fasme soñar
e loito por non chorar.
Yoel Parada Santos
4ª
Cando me falas, fasme sorrir
Por ti levántome todolos días
Es a miña únca razon da miña vida
Es a causa de todo o meu existir.
Se ti non existises, morreria
Polo teu amor esperando seguirei
Ou por unha mirada deses luceiros
que me elevan até o ceo e
sen estar entre os mortos
Yoel Parada Santos
5ª
Primeiro foi miña amiga.
Cheguei a querela, e por sorte,
puidemos estar xuntos.
Pero eu,
tan tonto, tan celoso e tan cabezota, iaa perdendo pouco a pouco.
Até que un día,
cansou de min e
deixoume.
Nese momento deime conta
do moito que a quería,
moito máis do que pensaba
e de que daría a vida por ela
Pedinlle volver ao meu lado
e non quixo,
púxenme no borde da ventá,
e coma unha aguia pola súa presa,
tireime en picado.
Yoel Parada Santos
6ª
NUNCA TE ESQUECEREI
Á miña bisavoa Margarita, que faleceu o 30 de xaneiro de 2008.
Xa marchaches.
Non te voltarei mirar.
É unha viaxe para
Sempre.
Recordo
aqueles tempos,
cando era cativo:
dábasme
unha moeda
e xa era feliz.
Xamais esquecerei
como me ilusionabas
cun simple xoguete.
Xa non estás
e o que antes
non era nada
agora son
recordos
que se cravan
no meu corazón.
Tantas cousas
no aire!
Palabras
sen dicir,
momentos que
non pasamos
xuntos.
Un simple
quérote
demostraríache
o que te botaría de menos.
Como non cho dixen cando vivías,
digocho neste verso:
Quérote bisavoa!.
Yoel Parada Santos
7ª
Naquela tarde fría e húmida de maio faleiche. Ao instante namoreime
Comezamos a falar, funte coñecendo.
Ao cabo do tempo enchiches o meu corazón de amor
Non te podo mirar, nin sequera me deixas falar.
E o meu corazón rompeu a
chorar por ti
Explícame,
porque teño que vivir sen ti?.
Yoel Parada Santos
8ª
Eu quérote.
Ti non me cres.
e xa non sei que facer.
Daríache a vida se ma pediras.
Marchas e non sei que será de min.
Só teño a dúbida de se me esquencerás.
Eu non poderei.
Yoel Parada Santos
9ª
Unha lágrima túa,
é unha puñalada no meu peito.
Un sorriso da túa face,
é unha luz celestial.
Unha mirada dos teus ollos
é esperanza de vida.
Un bico dos teus beizos perfectos,
dáme ás
para voar
e chegar até o altar do ceo.
Yoel Parada Santos
10ª
Ti,minha senhor,
aquí no alto do meu corazón
estás tan lonxe que non logro verte.
Non me atrevo a dirixirme a ti.
Ao final díxencho,
e por fin saín de dúbidas,
e por fin me dou conta de que si,
que sentes o mesmo ca min.
Sinto morriña de estar as noites ao teu lado,
bicando o teu pescozo.
Xa non me fas caso.
Se vas seguir sen tan sequera mirarme,
prefiro que Deus me quite a vida.
Ai,minha señor,
se xa non me deixas bicarte,
sen o teu amor,
morro.
Agustín e Yoel 1ª
Ti
o meu universo,
a miña vida.
A distancia
unha barreira
imposible.
O amor,
a luz que ilumina
a miña noite,
e a ti,
a carón da lúa.
A túa mirada
indiferente
deixa maltreito o meu corazón.
Os teus ollos,
engaiólanme:
dúas estrelas,
na noite de verán