O CLUB DOS POETAS VIVOS.
POEMA 1
Agustín Gallego Piñeiro
Quérote,
ámote,
pero estás tan lonxe.
Lonxe: esa palabra que define
o teu amor cara a min,
afastada,
palabra maldita
á que tanto rancor teño.
Aínda que sei
que algún día
te fixarás en min
e logo engaiolareite
como poida.
Aínda que un furacán
me leve por diante,
eu seguirei tentando engaiolarte
e se non resulta
logo,
quizais,
dareime por vencido.
POEMA 2
Agustín Gallego Piñeiro
Como remediar o teu mal,
que me come por dentro,
trábame no corazón
e déixao tan mal ferido
como se combatese nunha loita encarnizada
polo poder dun amor imposible?.
Ti,
loita que sempre perdes
pola súa fraxilidade ao teu amor,
non o pode remediar.
É máis forte ca el
pero sempre cae
na mesma trampa
parecendo que nunca aprende
e as feridas non lle doen.
Pobre del!
Non sabe curar as súas feridas.
Poema 3
Agustín Gallego Piñeiro
Felicidade
reflectida nun sorriso.
Tristeza:
noticias que se escitan
diariamente, rutinariamente,excesivamente,
tristemente...
As persoas.
Seres con emocións
que moitas veces
quererían desaparecer.
O MAL,
asasino,
mal da cabeza,
que tantas vidas…
que tantas vidas leva.
CARTA I
Ao meu durmir
Agustín Gallego Piñeiro
Espertarás?
Non o sei.
Intentaralo?
Dubídoo.
Soñarala?
Seguro que si.
Como será?
Tento maxinar,
pero…
tento.
Non podo
ata que esperto.
Imaxino.
Beleza pulida,
intelixencia esteparia…
non é ela .
Tento outra vez.
Imaxino.
beleza interior,
ollo a súa fermosura…
é ela.
Ulo o defecto?
Rozar os seus beizos,
oír a súa pel,
tocar as súas mans,
bicala,
demostrarlle amor.
CARTA II
AMIGO INVISIBLE
Agustín Gallego Piñeiro
Que contarche?
Que farías?
Cavilando
cheguei á conclusión:
esquecela.
Ti que dis?
Como farei?
Éme imposible.
Xa o sabes:
soño con ela,
non podo parar…
parar de vela.
Como farei?
Dígollo…non
non, podo…
SI! Claro que sí
vou botarlle
coll…todas,
todas as miñas gañas,
claro que si,
grazas meu,
es un amigo.
CARTA III: CARTA AO MEU AMOR
Agustín Gallego Piñeiro
Querido amor…
non, perdón:
querida amiga.
Como chamarte?
Cando acabe,
sabereino.
Quérote, ámote,
adórote, deséxote.
Sabes o que digo, non?
Non podo durmir
só penso en ti.
Estou raro.
É o que ten.
Estou namorado,
namoradode ti.
Ti sentes o mesmo?
Soño con terte,
terte entre os meus brazos,
tocar os teus beizos,
poderte ver co teu querer…
Ti…
ti pensas o mesmo?
espero que si,
se non,
penso que fixen o ridículo.
Non!Non!
que digo,
diso nada,
dixen…
dixen o que quería
comíame por dentro
non me queres?
Morrerei.
Non me importa
Seguirei coa miña vida.
Peroooooooooooooo
Cun oco,
Oco no meu corazón.
CARTA IV
RESPOSTA DO MEU GRAN AMOR
Agustín Gallego Piñeiro
Querido,
como contestarche?
empezarei por isto:
Qué- ro- te!!!!
Quérote moito!!!!
Pensas…
pensas que non te amo?
Non era capaz de dicircho.
Pensei…
pensei que non che gustaba
pero agora
seino,
seino e alégrome.
Quero pasar cotigo
todos os días:
bicarte
tocar o teu cabelo.
Penso
e non chega o momento
de estarmos xuntos.
Mañá mirareite
bicareite
e non soltarei a túa man.
Aguantaremos até mañá?
Dubídoo.
Pero intentémolo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário