03/12/2013
15/12/2012
13/12/2012
11/12/2012
Camisetas para recitar a Celso Emilio Ferreiro
29/11/2012
Recitando a Celso Emilio
Deitado frente ao mar
Lingua proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque si, porque me gosta,
porque me peta e quero e dáme a gana;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruíns e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os baleiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que aguantan rexamente
mentiras e inxustizas decotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de bolboretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...

12/06/2012
<<Adán,como os antigos,sabe quen é,venera os seus antepasados,ama a súa illa,o su traballo e o seu mar.
Adán é doutro tempo, do tempo no que valía a palabra dun home, do tempo en que a comunidade sentía.Adán é do tempo en que as persoas cantaban ao traballo.
Se ben se mira, estas catorce historias puideron ser contadas por Homero.A fin de contas Ulises era un navegante que adoecía por voltar a súa illa, que era tan pobre que “só é boa para as cabras”.A cousa non estaba entón no diñeiro nin na riqueza.Era outro o motivo de voltar.
Unha comunidade sostendo a pulso un barco desde terra con cabos durante toda unha noite é un relato épico.Máis para Adán iso forma parte do normal.Todo depende de como se mire.Eu mireino desde fóra e estou abraiado.
Nas historias que ambienta na Illa as persoas son personaxes dunha obra e o mar envólveas nunha maré de soño .
Ás veces o propio Adán paréceme un persoaxe, unha parte dun soño dun neno, a inocencia do libro da Xénese encarnada no primeiro home.
Grazas, Adán.>>
Escrito de Xoán Xosé Rodríguez Rivas no libro ONS ,ONDAS
15/02/2012
Teatro "Pelos na lingua"
O pasado día 31 de xaneiro fumos a Santiago @s alumn@s de 3º e 4º da ESO para presenciar a obra de teatro "PELOS NA LINGUA" do grupo de teatro TALIA.
Foi moi divertida, e mostrou unha visión crítica dos tópicos sobre a lingua galega.
Parabéns aos actores e actrices da obra polo seu gran papel.
Despois da función fixemos unha pequena visita guiada pola cidade de Santiago.
01/12/2011
CULTURGAL 2011
Chega o Culturgal. Tres días de presentacións, conversas, produtos e todo tipo de propostas culturais concentradas. Un total de 130 actividades enchen a vindeira fin de semana o Pazo da Cultura e mais a Cidade de Pontevedra.Culturgal é o fogar da cultura galega. Unha gran casa construída entre os distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Un fogar coas portas e ventás abertas sempre cara á sociedade.
Culturgal celebra un evento anual que conxuga o encontro profesional coa presentación, promoción e venda aberta ao público de produtos e servizos. Para facelo, válese de dúas patas fundamentais: a Feira e o Foro. A Feira das Industrias Culturais de Galicia achega ao público ás novidades editoriais, o último en música, o glamour do audiovisual, a maxia das artes escénicas, os avances das novas tecnoloxías e mesmo as propostas máis marxinais en tres días de actividade sen tregua para os públicos máis variados. O Foro Culturgal, pola súa banda, é un lugar de encontro privilexiado para os axentes do sector, un espazo para a reflexión e a aprendizaxe, no que intercambiar experiencias e imaxinar novos proxectos baseados na colaboración e no apoio mutuo.
Culturgal é a mellor radiografía dun sector industrial cohesionado, forte, dinámico e moderno que se enfronta a un momento crucial, cheo de grandes cambios, coa despensa chea de ideas e de solucións colectivas para os retos que trae o futuro.
Preme na seguinte ligazón:PROGRAMA DE ACTIVIDADES 2, 3 , 4 DECEMBRO 2011
16/06/2011
Revista Umbrela Nº 16. Xuño 2011
Barcelona.
Sara Calviño Ferreira 4ºB
Dende o ceo, dende arriba, entre as nubes, sénteste minúsculo.
Pensar que ti vives aí abaixo e que simplemente es unha mole de carne entre tanta xente faite sentir iso, nada.
Canda fun a Barcelona por primeira vez tiña seis anos. Só recordo un xeado de coco nunha praia e agora, despois de dez anos sei que esa praia se chama a Barceloneta.
Agora, aquí nun asento, creo que o 18, sinto a presión nos meus oídos, como si non me fora permitido estar aquí, entre o ceo, como un Deus máis, como se os paxaros foran os únicos capaces de voar.
Non puiden despedirme da miña irmá, estaba no colexio cando collín a maleta para irme cos meus pais ao coche.
O comandante fala, en vinte minutos estamos na segunda capital de España: Barcelona... Si, con puntos suspensivos, como na banda sonora dunha peli de Woddie Allen, na que a nosa Pé gañou un Óscar.
Aterraxe, cheiro a queroseno, calor, moita calor, turistas e Paz.
Isto non é como Madrid, aquí a xente mírate con ese brillo nos ollos que alí tanto escasea, a xente vai en bicicleta en harmonía cos carteristas das Ramblas e as estatuas humanas que viven á espera de que as espertemos.
O ceo é azul a pesar de ser cidade e nos parques hai música de todas as culturas: "Benvidos ao parque Güell, o parque cosmopolita" onde as píntegas pousan mellor que as modelos e donde as avespas atacan as profesoras.
- Mátala, mátala!- Grita o seu alumno.
Pobre avespa, seguro que acabou asustada ante cada movemento que lle manifestaba unha morte segura.
A Sagrada Familia, tan grande, tan elegante pousa ante os turistas e Gaudí escóndese nas chemineas da casa da Pedrera e nos cores da outra coma unha serea máis.
Saída do albergue.
Embarque no avión.
Adiós, Barcelona, adiós.
23/05/2011
10/12/2010
23/11/2010
CONTACONTOS . CHARO PITA E TIM BOWLEY
Actividade feita conxuntamente entre o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca e os departamentos de Galego e Música .
15/11/2010
TROPA DE TRAPO
-O de Leila: Unha historia triste e emocionante á súa vez.
-O de Ramón: Unha historia graciosa según de como se conte, desas que depende de quen as conte teñen máis graza ou menos.
- E o de Mohamed: unha historia que se parecia máis a unha fábula pero sen animais que falaban.
O que máis me gustou deses foi o de Leila. máis que gustarme emocionoume. O final era moi triste porque ela acababa morrendo e el esquecéndose dela.
Despois disto tivemos un taller e foi moy divertido. Arapaza era moi riquiña e fíxonos xogos de miradas, de atender,... e pasamos un bo rato en compañía.
SUSANA LÓPEZ 1 º B
09/11/2010
TRABALLANDO A ORALIDADE...
O venres día 5, dúas alumnas do noso instituto, IRIA PIEDRAS e PATRICIA COMEDEIRO foron ao centro de infantil do CEIP "A PEDRA" a contarlles aos neno@s de 5 anos 3 contos.
O 1º libro que contaron foi : QUE TAL, VEXETAL?
DESGUSTADO?
SEN NENGUN MEDO?
ESTÁS LEDO?
ESTÁS TRISTE?
CANTOS SORRISOS LOGO?
A VER SE O ADIVIÑAS:
QUEN SE SENTE SEGURO?
O SEGUINTE CONTO FOI Rato Tom e Rata Tomasa
Un día rata Tomasa mandoulle a Tom unha invitación.
Invitote a biscoito hoxe as oito.
E o último conto que lle contaron foi a
Colección de Galletas.
Galletas da avoa, linguas de gato,
galletas de can, bicos de Lulú...
25/10/2010
Interesante iniciativa da CGENDL, para mostrar que o galego sirve en todos os ámbitos da vida.A Xornada pola Ciencia en Galego, en colaboración cos colectivos de docentes de matemáticas, ciencias e tecnoloxía e outras entidades, se dirixe dende o ensino a toda a sociedade co obxectivo de expresarmos que o galego é unha lingua adecuada para a transmisión do coñecemento científico e tecnolóxico e para divulgar experiencias científicas escolares pensadas e desenvolvidas en galego.
12/05/2010
17 de Maio.Día das letras Galegas con Uxio Novoneyra
23/02/2010
Orgullosos do noso, orgullosos do galego.
11/02/2010
Novo libro"55 mentiras sobre a lingua galega"

Presentouse o venres 5 de febreiro en moitas vilas do pais e noutras cidades do estado e do resto do mundo a primeira publicación de Prolingua.
É unha publicación que fai unha análise dos diversos prexuízos máis comúns que hai sobre o noso idioma.
Está escrito nunha linguaxe clara , e que vai a permitir botar luz sobre ideas que estaban instalándose no noso pobo e que non responden a realidade da nosa historia pasada e presente.
13/12/2009
Guías de lectura para secundaria
Aí vos vai unha selección feita pola Coordinadora DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO MORRAZO .
Tamén podedes ver as guías de infantil e primaria.
Primaria:




