Barcelona.
Sara Calviño Ferreira 4ºB
Dende o ceo, dende arriba, entre as nubes, sénteste minúsculo.
Pensar que ti vives aí abaixo e que simplemente es unha mole de carne entre tanta xente faite sentir iso, nada.
Canda fun a Barcelona por primeira vez tiña seis anos. Só recordo un xeado de coco nunha praia e agora, despois de dez anos sei que esa praia se chama a Barceloneta.
Agora, aquí nun asento, creo que o 18, sinto a presión nos meus oídos, como si non me fora permitido estar aquí, entre o ceo, como un Deus máis, como se os paxaros foran os únicos capaces de voar.
Non puiden despedirme da miña irmá, estaba no colexio cando collín a maleta para irme cos meus pais ao coche.
O comandante fala, en vinte minutos estamos na segunda capital de España: Barcelona... Si, con puntos suspensivos, como na banda sonora dunha peli de Woddie Allen, na que a nosa Pé gañou un Óscar.
Aterraxe, cheiro a queroseno, calor, moita calor, turistas e Paz.
Isto non é como Madrid, aquí a xente mírate con ese brillo nos ollos que alí tanto escasea, a xente vai en bicicleta en harmonía cos carteristas das Ramblas e as estatuas humanas que viven á espera de que as espertemos.
O ceo é azul a pesar de ser cidade e nos parques hai música de todas as culturas: "Benvidos ao parque Güell, o parque cosmopolita" onde as píntegas pousan mellor que as modelos e donde as avespas atacan as profesoras.
- Mátala, mátala!- Grita o seu alumno.
Pobre avespa, seguro que acabou asustada ante cada movemento que lle manifestaba unha morte segura.
A Sagrada Familia, tan grande, tan elegante pousa ante os turistas e Gaudí escóndese nas chemineas da casa da Pedrera e nos cores da outra coma unha serea máis.
Saída do albergue.
Embarque no avión.
Adiós, Barcelona, adiós.
Nenhum comentário:
Postar um comentário