Xa todas e todos sabedes que a Radio Illa de Ons
vai vento en popa. Tras recibir unha serie de indicacións de como
realizar un proxecto radiofónico, unha parte do alumnado do centro
estivo a traballar, durante as últimas semanas, na elaboración de
diferentes contidos: entrevistas, noticiarios, publicidade de eventos,
emisións musicais... Tamén tiveron que practicar co equipo técnico do
que dispón a radio: micros, mesa de son, biblioteca de arquivos de audio, cámaras... Para ambientar o espazo radiofónico, as alumnas de
Plástica de 4º ESO elaboraron un panel decorativo.
Cada
venres, na hora do recreo, un grupo de alumnos e alumnas emitirá un
programa en directo para o resto da comunidade educativa. O venres pasado tocoulles aos de 4º ESO vivir esta experiencia e entrevistaron ao alcalde de Bueu, Félix Juncal.
No
seguinte resumo fotográfico podedes ver como se realizaron tanto o panel decorativo coma os preparativos desta entrevista.
Nenhum comentário:
Postar um comentário