GUÍAS DE LECTURA PARA FACER AGASALLOS NESTAS FESTAS:
MÚSICA PARA AGASALLAR:
19/12/2014
16/12/2014
O alumnado de 3º C entrevista ao gaiteiro Marcos Campos
Mercedes, Verónica, Joel e Agustín (3º C) entrevistaron, o pasado venres, ao gaiteiro Marcos Campos. Este artista, que
naceu e vive en Vigo, dedícase á
música desde os oito anos. Toca a gaita, o acordeón e varios tipos de frautas e
forma parte de grandes grupos: Banda Xarabal, Ardentía, Trisquel, Alberto
Conde, Crema de Gaita, Pelica de Can, Riobó e outros. Ademais é profesor de
gaita e dirixe a Banda de Gaitas Manxadoira de Bueu, da que forma parte Mercedes Pretel,
alumna do noso centro .
Ademais de concedernos unha interesante
entrevista, Marcos (gaita), a súa compañeira Elena (bombo) e Mercedes (tambor),
tocaron a peza Muiñeira de Ons. Nas seguintes presentacións podedes ver imaxes
da entrevista e do pequeno concerto ofrecido por estes estupendos músicos.
As composicións que acompañan ás imaxes son de
Ernesto Campos: Tangalego (interpretada por Crema de Gaita) e Berce do Nel (interpretada
por Pelica de Can).
Se tedes interese en coñecer outras obras
compostas por Ernesto Campos podedes acceder ao seu BLOG.
05/12/2014
Programa de radio - 3º ESO B
Este venres foron os alumnos de 3º B os encargados de retransmitir o programa de radio do Illa de Ons. A invitada entrevistada nesta ocasión foi Teté, a profesora de Música.
01/12/2014
Programa de radio - 3º ESO A
O pasado venres 28 de novembro o alumnado de 3º ESO A presentou o seu primeiro programa de radio. A continuación mostrámosvos unhas imaxes deste día.
RADIO ONS ENTREVISTA Ó ALCALDE DE BUEU.
O VENRES 21 OS ALUMN@S DE 4º ESO NO SEU PROGRAMA DE RADIO ENTREVISTARON Ó ALCALDE DE BUEU, FÉLIX JUNCAL.
O SEGUINTE VIDEO É UNHA PARTE DA LONGA ENTREVISTA .
O SEGUINTE VIDEO É UNHA PARTE DA LONGA ENTREVISTA .
28/11/2014
Terceira semana NO AIRE!
Cada
venres, na hora do recreo, un grupo de alumnos e alumnas emitirá un
programa en directo para o resto da comunidade educativa. O venres pasado tocoulles aos de 4º ESO vivir esta experiencia e entrevistaron ao alcalde de Bueu, Félix Juncal.
No
seguinte resumo fotográfico podedes ver como se realizaron tanto o panel decorativo coma os preparativos desta entrevista.
17/11/2014
Radio "ONS" en funcionamento.
O venres 7 de novembro comezou a radio do IES ILLA DE ONS.
Os primeiros en saír en antena foron os de 2º A, estreáronse cunha entrevista co profe de Educación Física, Toño. E as seguintes fotos mostran o seu traballo e o éxito que obtiveron.
O venres día 14 foron os de 2º B os encargados de realizar o programa, entrevistando ao xefe de Estudos, José Luis.
02/10/2014
03/06/2014
Regueifando no IES ILLA de ONS
O mércores 28 de maio Pinto de Herbón e o Caruncho impartiron un taller de regueifas no centro aos alumnos de 3º e 4º da ESO.
Todos os rapaces e o o profesorado presente tiveron un tempo de gozar coa súa presenza.
Todos os rapaces e o o profesorado presente tiveron un tempo de gozar coa súa presenza.
07/04/2014
VAMOS AO TEATRO "BICOS CON LINGUA"
O mércores día 9 de abril os alumnos de 3º e 4º da ESO asistiremos a representación da obra de teatro "Bicos con lingua" de TALÍA TEATRO.
O acto terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra.
Aproveitaremos a mañá para visitar a Facultade de Belas Artes.
Assinar:
Postagens (Atom)