15/12/2012
13/12/2012
11/12/2012
Camisetas para recitar a Celso Emilio Ferreiro
29/11/2012
Recitando a Celso Emilio
Deitado frente ao mar
Lingua proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque si, porque me gosta,
porque me peta e quero e dáme a gana;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruíns e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os baleiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que aguantan rexamente
mentiras e inxustizas decotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de bolboretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...

12/06/2012
<<Adán,como os antigos,sabe quen é,venera os seus antepasados,ama a súa illa,o su traballo e o seu mar.
Adán é doutro tempo, do tempo no que valía a palabra dun home, do tempo en que a comunidade sentía.Adán é do tempo en que as persoas cantaban ao traballo.
Se ben se mira, estas catorce historias puideron ser contadas por Homero.A fin de contas Ulises era un navegante que adoecía por voltar a súa illa, que era tan pobre que “só é boa para as cabras”.A cousa non estaba entón no diñeiro nin na riqueza.Era outro o motivo de voltar.
Unha comunidade sostendo a pulso un barco desde terra con cabos durante toda unha noite é un relato épico.Máis para Adán iso forma parte do normal.Todo depende de como se mire.Eu mireino desde fóra e estou abraiado.
Nas historias que ambienta na Illa as persoas son personaxes dunha obra e o mar envólveas nunha maré de soño .
Ás veces o propio Adán paréceme un persoaxe, unha parte dun soño dun neno, a inocencia do libro da Xénese encarnada no primeiro home.
Grazas, Adán.>>
Escrito de Xoán Xosé Rodríguez Rivas no libro ONS ,ONDAS

15/02/2012
Teatro "Pelos na lingua"
O pasado día 31 de xaneiro fumos a Santiago @s alumn@s de 3º e 4º da ESO para presenciar a obra de teatro "PELOS NA LINGUA" do grupo de teatro TALIA.
Foi moi divertida, e mostrou unha visión crítica dos tópicos sobre a lingua galega.
Parabéns aos actores e actrices da obra polo seu gran papel.
Despois da función fixemos unha pequena visita guiada pola cidade de Santiago.