22/12/2020

Guías de lectura e música en galego.

   A Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo elaborou as seguintes guías de lectura e música en galego. Unha oportunidade de facer agasallos para familiares e amistades.


10/03/2019

8 de marzo de 2019 en Bueu: A loita da mulleres

O día 8 de marzo a comunidade Educativa do noso centro tivo unha presenza activa nos actos celebrados diante do Concello durante a xornada de mañán.

02/12/2018

GUÍAS DE LECTURA DE SECUNDARIA 2018.

A Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo ven de publicar as guías de lectura de infantil, primaria e secundaria. Neste Nadal aproveitar as guías para facer un agasallo marabilloso.

15/12/2017

Recomendacións guías de lectura.

A Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo elaborou as seguintes guías de lectura e música para as vindeiras vacacións. A semana próxima o centro distribuirá entre o noso alumnado as guías impresas de secundaria.

 https://issuu.com/ceipseixo/docs/guia_definitiva_secundaria_16-17

https://issuu.com/ceipseixo/docs/guia_definitiva_primaria_16-17
https://issuu.com/ceipseixo/docs/guia_de_lecturas_para_infantil__201

19/04/2016

Lectura obras de Manuel María.

O Concello de Bueu súmase este sábado á celebración do DÍA DO LIBRO, polo que organiza unha lectura de obras de Manuel María, ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Con este motivo quere facer un chamamento á participación do maior número de persoas, alumnado e familias,
O acto terá lugar este sábado ás 12 horas na Biblioteca Municipal Torrente Ballester.

14/12/2015

Regalemos un libro



As festas de Nadal e Fin de Ano que están a punto de comezar son unha época típica para a realización de regalos, nomeadamente aos menores da casa. Dentro da múltiple oferta dispoñible, moita xente é partidaria de incluír algún elemento de carácter cultural, aínda que por veces a elección pode resultar complicada.
Nos últimos anos, coñecedores desta situación, os equipos de dinamización lingüística da comarca do Morrazo publican un folleto-guía para dar a coñecer ás familias as últimas novidades no relativo a discos, novelas, cómics, DVD..., co elemento en común de utilizaren todos a lingua galega. Este folleto preséntase dividido por idades para facilitar a localización de materiais acordes ás diferentes idades . Ademais, tamén inclúe un apartado de produtos dirixidos a adultos, pois este tipo de regalos resulta enriquecedor para todos nós.
Entregóuselles en man a todos os alumnos unha copia en papel do dito folleto con indicación de que os levasen ás casas. Non obstante, como pode ser que nalgún caso non chegue ao seu destino e para garantir a súa recepción, enviamos copia dixital en pdf xunto con esta mensaxe.
 Felices festas.