22/05/2008
RUXE-RUXE
20/05/2008
EN DEFENSA DO GALEGO
O domingo 18 de maio polas rúas de Santiago, milleiros de galegos e galegas de tódalas idades reclamamos o dereito coma galegos a usarmos o noso idioma nas nosas relacións coa administración, nos centros de traballo, na nosa vida diaria... en Galicia.
MEMORIA DE ADÁN
A grande riqueza lingüística, tanto pola expresividade como polo vocabulario mariñeiro, son un valor fundamental nesta obra.
Encontramos Memoria de Adán nunha Googlepage á que se pode chegar seguindo unha ligazón que se encontra no blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística ou no da Biblioteca.
14/05/2008
REVISTA UMBRELA NÚMERO 10
LORETTA MARTIN:
DIARIOS DE ADRIANA E JACKY
- Diarios de Adriana e Jacky. Este é o título dunha novela que comezou a escribirse no IES Illa de Ons en febreiro do 2008. Tamén aquí falamos dun colectivo literario, que se chama Doussabores, e está constituído por Mónica Rodríguez e Mª Elisa Dios, de 4ºB. O que parecía unha ocorrencia da xuventude, e que podía ter rematado no capítulo I, encóntrase xa, cando escribimos esta presentación, no capítulo XVII, o cal en si mesmo é un mérito. Tamén é un mérito que sexa interesante, como din algúns dos que a comezaron a ler. A temática é a que se recolle nos diarios persoais das dúas protagonistas, que estudan nun instituto de Vigo 4º de ESO. Elas falan de amor, da amizade, de drogas, de anorexia,… en fin, da realidade que viven a diario. Cada unha fala coa súa voz, sen compartir a información coa outra.
Encontramos os Diarios de Adriana e Jacky nunha Googlepage á que se pode chegar seguindo unha ligazón que se encontra no blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística ou no da Biblioteca.
13/05/2008
17 de MAIO LETRAS GALEGAS 2008
XOSÉ MARÍA
ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
XOSÉ MARÍA
ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
ESCOLMA DE PÁXINAS WEB E SITIOS DA REDE SOBRE O ESCRITOR,PARA O SEU USO EDUCATIVO.
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO C.E.I.P. QUINTELA (MOAÑA)
A páxina da Real Academia Galega dedicada ao escritor. O texto é de Darío Xohán Cabana,e fai referencia á biografía,obra literaria,ó erudito galeguista,ó editor,e reúne a súa bibliografía esencial.Contén fotos e imaxes.
PORTAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O Portal do día das letras galegas,con referencias biográficas e información de todos os homenaxeados.
PÁXINA DE GALIPEDIA SOBRE ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
A Páxina da Galipedia sobre Álvarez Blázquez,con biografía,e bibliografía do autor estruturada según o xénero.Recolle tamén os premios outorgados e ligazóns a outras páxinas.
Publica a noticia da elección do escritor como homenaxeado nas LG 2008,e explica de xeito breve os seus méritos.
PAXINA WEB DE CELS0 ÁLVAREZ CÁCCAMO
Unha páxina moi completa,por ampla,profunda e precisa.Fermosa reportaxe fotográfica,reúne moreas de materiais ,desde documentos sonoros a citas xornalísticas .Feita desde o respecto e admiración dun fillo.
A páxina da Biblioteca Virtual Galega sobre o autor,con todos os seus libros e outras informacións.
PRAZA DAS LETRAS-ALVAREZ BLÁZQUEZ
Contén pequena recensión biográfica e as portadas dalgúns libros .
Esta páxina ten unha biografía e a súa obra, recollidas de xeito moi didáctico.
MANIFESTO DA MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Manifesto: POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO
As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional “Polo dereito a vivirmos en galego” este 18 de maio de 2008, declaramos:
- Consideramos que vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo. Lembramos que o galego é o único idioma natural de Galiza, e que mesmo o Estatuto de Autonomía o cualifica como “a lingua propia” do país, o que nos une como galegas e como galegos. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade.
- Consecuentemente, deben existir as garantías para podermos vivir en galego, o que exixe compromisos, así como a aplicación e a adopción das disposicións legais necesarias por parte das Administracións públicas.
- Denunciamos e alertamos contra os que, apuntándose agora á defensa dun suposto bilingüismo, un bilingüismo dunha soa cara, pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego. Ou, o que é o mesmo, a negación do dereito colectivo á normalidade de usos da nosa lingua en todos os ámbitos.
- Chamamos ao compromiso persoal de todas e todos coa lingua galega. Usémola en todos os ámbitos: comezando pola familia, coas nosas nenas e nenos, no noso traballo, nas relacións coa administración, no noso tempo de lecer, etc. O futuro do galego depende de nós.
Lembra que o vindeiro domingo 18 de maio esta grande manifestación partirá ás 12 do mediodía da Alameda de Santiago de Compostela e finalizará na praza da Quintana.
APOIOS Ó MANIFESTO:
- Concello da Coruña
- Concello de Allariz
- Concello de Ames
- Concello de Arzúa
- Concello de Cuntis
- Concello de Fene
- Concello de Ferrol
- Concello de Gondomar
- Concello de Melide
- Concello de Mugardos
- Concello de Muros
- Concello de Noia
- Concello de Ordes
- Concello de Ourense
- Concello de Outes
- Concello de Pontevedra
- Concello de Redondela
- Concello de Rianxo
- Concello de Ribadeo
- Concello de Riotorto
- Concello de Salceda de Caselas
- Concello de Santiago de Compostela
- Concello de Vedra
- Concello de Vigo
- Concello de Zas
- Concello de Porriño
- Departamento de Francés do CIFP Carlos Oroza
- Departamento de Lingua e Literatura do IES de Viós (Abegondo)
- Departamento de Lingua e Literatura do IES Pobra do Caramiñal
- Departamento de Lingua e Literatura Galega do IES Coroso (Ribeira)
- Departamento de Lingua Galega do IES Nº 1 de Ordes
- Departamento de Lingua Galega e Literatura do CIFP Carlos Oroza
- Departamento de Lingua Galega e Literatura do CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanc0)
- ENDL da EOI de Ferrol
- ENDL do CEE O Pedroso (Santiago de Compostela)
- ENDL do CEIP Bispo Guerra Campos (Bertamiráns)
- ENDL do CEIP Centieiras (Fene)
- ENDL do CEIP de Santo Paio de Abaixo (Redondela)
- ENDL do CEIP Illa Verde (Lugo)
- ENDL do CEP Brea Segade (Taragoña – Rianxo)
- ENDL do CIFP Carlos Oroza
- ENDL do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol)
- ENDL do Colexio de Vite 1 de Compostela
- ENDL do Colexio Fogar de Santa Margarida (A Coruña)
- ENDL do CPI da Cañiza
- ENDL do CPI Doutor López Suárez (Escairón)
- ENDL do CPI Padín Truiteiro (Arcade, Soutomaior)
- ENDL do IES A Guía
- ENDL do IES A Sangriña (A Guarda)
- ENDL do IES Agra de Raíces de Cee
- ENDL do IES Antonio Fraguas (Santiago)
- ENDL do IES Aquis Celenis (Caldas de Reis)
- ENDL do IES As Bizocas
- ENDL do IES As Insuas (Muros)
- ENDL do IES Auga da Laxe (Gondomar)
- ENDL do IES Baio (Zas)
- ENDL do IES Concepción Arenal (Ferrol)
- ENDL do IES Coroso (Ribeira)
- ENDL do IES Cosme López Rodríguez
- ENDL do IES da Illa de Arousa
- ENDL do IES da Pobra do Caramiñal
- ENDL do IES de Arzúa
- ENDL do IES de Canido (Ferrol)
- ENDL do IES de Celanova
- ENDL do IES de Fene
- ENDL do IES de Foz (Lugo)
- ENDL do IES de Mos
- ENDL do IES de Mosteiro de Meis
- ENDL do IES de Ponteceso
- ENDL do IES de Quiroga
- ENDL do IES de Teis (Vigo)
- ENDL do IES de Valga
- ENDL do IES de Viós en Abegondo
- ENDL do IES Eduardo Pondal
- ENDL do IES Elviña (A Coruña)
- ENDL do IES Espiñeira (A Coruña)
- ENDL do IES Félix Muriel (Rianxo)
- ENDL do IES Francisco Daviña Rei (Monforte de Lemos)
- ENDL do IES Francisco Sánchez (Tui)
- ENDL do IES Isidro Parga Pondal (Carballo)
- ENDL do IES Lamas de Castelo (Carnota)
- ENDL do IES Manuel Murguía (Arteixo)
- ENDL do IES Marqués de Suanzes (Ferrol)
- ENDL do IES Maruxa Mallo de Ordes
- ENDL do IES Maximino Romero de Lema (Zas)
- ENDL do IES Mendiño (Redondela)
- ENDL do IES Mendiño (Vigo)
- ENDL do IES Nº 1 de Ordes
- ENDL do IES nº1 A Estrada
- ENDL do IES O Ribeiro
- ENDL do IES Punta Candieira (Cedeira)
- ENDL do IES Ramón Cabanillas (Cambados)
- ENDL do IES Ramón Menéndez Pidal
- ENDL do IES Ramón Otero Pedrayo (A Coruña)
- ENDL do IES Ramón Otero Pedrayo (Ourense)
- ENDL do IES Río Cabe (Monforte)
- ENDL do IES Santa Irene (Vigo)
- ENDL do IES Saturnino Montojo
- ENDL do IES Teis (Vigo)
- ENDL do IES Terra de Soneira
- ENDL do IES Vilamarín
- ENDL do IES Xelmírez I (Santiago de Compostela)
- ENDL do IES Lama das Quendas (Chantada)